Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Laboratorio de Química 2 | Código | 610G01032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Na primeira sesión levaráse a cabo unha presentación xeral da materia: obxectivo, contidos e organización da materia. En sesións posteriores explicaranse as nocións básicas de instrumentación, calibración, e fundamentos de espectrometría de masas. |
Seminario | Aspectos xerais da utilización das técnicas de determinación estrutural. |
Obradoiro | Resolución de casos prácticos de determinación estrutural. Resolveranse os problemas propostos, elaborando estratexias que requiran a integración de datos procedentes das distintas técnicas espectroscópicas para a elucidación estrutural. Emprego de programas informáticos para a estimación de datos de RMN. De maneira previa ao desenvolvemento dalgunhas sesións, os alumnos deberán elaborar e entregar (a través de Moodle) solucións para algúns dos problemas propostos. |
Prácticas de laboratorio | Os alumnos levarán a cabo a preparación, a separación e a determinación estrutural de compostos (no Laboratorio de operacións estándar) e empregarán técnicas electroquímicas e espectroscópicas para a determinación experimental de propiedades de compostos (no Laboratorio de caracterización fisicoquímica). En ambos os Laboratorios o alumno desenvolverá as experiencias programadas e será necesaria a elaboración de informes de laboratorio que inclúan os datos obtidos e a súa discusión, así como as respostas ás cuestións expostas para profundar na comprensión dos experimentos realizados. A entrega dos informes das prácticas de operacións estándar realizarase a través de Moodle. |
Proba práctica | Realización dunha proba práctica e de resolución de cuestións no laboratorio, acerca dos contidos das prácticas de caracterización fisicoquímica. Os alumnos disporán dunha oportunidade adiantada para realizar a proba práctica, durante o período lectivo, unha vez completasen as prácticas de caracterización fisicoquímica |
Proba mixta | Constará de problemas de elucidación estrutural a partir de datos espectrométricos e/ou espectroscópicos, análogos aos resoltos durante os seminarios e talleres |