Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 A19 A20 B2 B5 C2 C3 Puntúase o traballo realizado no laboratorio e o informe final 20
Sesión maxistral A11 A15 A25 B2 C3 Participación en clase e resolución de exercicios. 20
Proba mixta A11 A15 A25 B2 Exame escrito (teoría e/ou problemas) 60
 
Observacións avaliación

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, ou a detección de plaxio nalgunha delas, implicará que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

- Puntuárase o traballo realizado no laboratorio e a memoria na que se recollan os resultados obtidos, correspondente ao tratamento de datos, e conclusións: 20% da nota final. - Puntuárase a participación activa nas actividades presenciais (alumnos con dedicación a tempo completo) e a resolución de exercicios propostos polo profesor durante o curso: 20% da nota final. Para os alumnos con dedicación a tempo parcial, puntuara a resolución e entrega de exercicios no plazo establedio polo profesor (20% da nota final) - Exame final: 60% da nota final. - A cualificación global obterase da suma dos apartados anteriormente descritos. Outorgarase a cualificación de non presentado a aquel alumno que non se presenta ao exame escrito final. - Para aprobar, o alumno debera obter como mínimo un 5 (sobre 10) no exame escrito/final. Figurará como suspensa (4.9) nos casos en que a media sexa superior a 5, pero a cualificación no exame final sexa inferior a 5. Figurará
tamen como suspensa no caso de non haber entregado os exercicios resoltos
(grupos reducidos). - Á hora de conceder as matrículas de honra premiásese aos alumnos que conseguisen a máxima nota na primeira oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, manterase a nota obtida no traballo e a memoria das prácticas de laboratorio (20% da nota final), asi como a asistencia/participación (alumnos con dedicación a tempo completo) e entrega de exercicios (20% da nota final) e repetirase o exámen escrito que representará o 60% da nota final. Polo que respecta aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensino-aprendizaxe, incluídas as avaliacións, é refire a un curso académico e por tanto volve comezar cun novo curso académico, incluíndo todas as actvidades e procedementos de avaliación que se programen para dito curso.

A realización e entrega de exercicios ("grupos reducidos") é obrigatoria.

Segunda oportunidade do curso: as notas obtidas polo alumno en cada unha das probas, salvo na proba obxectiva (examen escrito), durante o curso académico mantendrase para o cálculo da nota na seguinte oportunidade e coa mesma porcentaxe que a que se aplica na primeira oportunidade (xaneiro). É dicir que a proba objectiva, tanto para a primeira como para a 2dá oportunidade do curso, puntuase un 60% da nota final total.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Estudantes con dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC):

O alumno con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas na proba mixta (60%), resolucións de problemas/ejercicios solicitados nos seminarios (20%) e un resumo teórico de prácticas de laboratorio (20%). A entrega de problemas/exercicios resoltos é obrigatoria. Isto aplica a ambas as oportunidades.