Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ciencia de Materiais | Código | 610G01035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas clases maxistrais introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de maior dificultade de comprensión para o alumnado. |
Solución de problemas | As clases de solución de problemas estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións que se propuxeron con antelación ao alumnado co fin de que poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. Faranse nas clases de grupo reducido |
Seminario | Traballos en pequenos grupos que terán como finalidade o estudo dun tópico, dun caso, etc. a través da discusión entre os membros do grupo. Faranse nas clases de grupo reducido |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Tamén se contempla a posibilidade, como actividades complementarias, de realizar visitas a centros relacionados coa materia, a asistencia a conferencias científicas, etc. Estas actividades concretaranse durante o desenvolvemento do curso, en función do número do alumnado matriculado, da organización de conferencias de interese por parte do centro ou outros organismos, etc. |
Traballos tutelados | Previamente ás prácticas de laboratorio o alumnado terá que realizar, en base aos seus coñecementos e á revisión bibliográfica dos textos propostos, un estudo sobre os aspectos que se van a tratar nas prácticas. Esta tarefa será supervisada pola profesorado mediante un mínimo dunha titoría individual. |
Prácticas de laboratorio | Traballo de síntese e procesado de distintos tipos de materiais, da súa caracterización e estudo de propiedades baixo a supervisión do profesorado. |
Proba obxectiva | De cando en vez nas sesións de solución de problemas, poderá realizarse ao alumnado unha proba curta, de tipo test ou de resposta breve, destinada tanto á avaliación do grao de adquisición de competencias como ao afianzamento dos contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade permitirá non só realizar un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión |
Proba mixta | Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxetivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |