Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Industrial | Código | 610G01039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A1 A16 A28 B4 B5 C1 | Tanto o traballo tutelado como os informes das visitas serán expostos polos alumnos en presentacións oráis que conlevarán, tamén, debate e discusión dirixida. A porcentaxe desta metodoloxía na nota final incluiuse en cada unha de ditas metodoloxías (traballos tutelados e saídas de campo). | 0 |
Saídas de campo | A1 A4 A6 A21 A25 A28 B1 B6 B7 C5 C8 | Constituen un dos pilares principais sobre os que se apoia esta materia. Despois de cada visita, os alumnos (de xeito individual) realizarán o pertienete informe. Rematadas todas as visitas, cada alumno encadernará todos os seus informes nun exemplar único que entregará ao profesor, na data convida, para a súa avaliación. Todas as visitas programadas son obrigatorias. Para superar a materia é preciso obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) nesta actividade. | 35 |
Traballos tutelados | A1 A4 A6 A18 A28 B3 B4 B5 B7 C1 C5 C8 | Avaliaranse tanto os contidos recollidos no traballo como a axeitada utilización da bibliografía, ademáis da correcta utilización da expresión escrita e oral. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) neste apartado. No caso de que se detecten indicios de plaxio (tanto de libros, revistas ou fontes da internet), o traballo merecerá a calificación de "suspenso"; e o alumno non poderá superar a materia. | 50 |
Proba mixta | A1 A4 A5 A6 A10 A14 A15 A28 B3 C1 C5 | Ao final do curso realizarase unha proba escrita para avaliar a adquisición de coñecementos (contidos) alacanzada polo estudante. Esta proba poderase sustituir por probas parciais. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 4 ptos (sobre 10) nesta actividade. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a asignatura, o alumno deberá obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) unha vez computadas e sumadas as avaliacións de todas as actividades. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a avaliación precísase obter a calificación mínima indicada en cada unha delas. Polo tanto, de non se acadar dita puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a asignatura figurará como "suspenso" e a calificación numérica que levará asociada será a media das calificacións dos apartados que lle impediron obter o aproabado. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade por suspender (ou non se presentar) aos "Traballos Tutelados" e/ou á "Proba mixta", poderan repetilos na segunda oportunidade. Ao respecto ás "Saídas de Campo", é dicir, visitas a empresas, soamente poderánse recuperar na segunda oportunidade (reescribindo o pertinente informe e realizando a conseguinte presentación oral) se o alumno realizou as visitas durante o curso. Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen todas as saídas de campo serán calificados con "suspenso" nas dúas oportunidades obtindo una calificación numérica de "cero". Adicionalmente, os alumnos poderán obter ata 0.5 ptos en función do seu grao de participación e interés nas diferentes actividades. Estes puntos adicionais (no caso de obtelos) só se sumarán na calificación daqueles alumnos que superen a materia. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán obter "Matrícula de Honra" se o número máximo distas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na primeira oportunidade. Polo que respecta aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comenzar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para dito curso, agás na convocatoria extraordinaria de decembro para a cal se lles aplicará o procedemento de avaliación do curso anterior. IMPORTANTE: A realización fraudulenta dos exames e/ou as outras actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "Suspenso (0)" na materia na convocatoria correspondente, e invalidando calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatorias extraordinarias. NOTA: "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": Primeira e Segunda oportunidades: Están exentos de asistencia as clases de DE y TGR pero deberán realizar a "proba mixta" e obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) para superar esta actividade. Os traballos tutelados e as saídas ao campo (visitas a empresa) son obrigatorios e computan como no caso de alumnos con dedicación total. |