| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Química Médica | Código | 610G01040 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Sesión maxistral | Realizarase as exposición de contidos. Durante estas, o profesor poderá proporcionar material suplementario á bibliografía co obxectivo de que as explicacións poidan seguirse de xeito efectivo. Tamén se desenvolverá a capacidade de elaborar apuntamentos e a busca de información. A comprensión dos aspectos máis relevantes de cada tema avaliarase mediante realización de tests asíncronos dispoñibles nas plataformas Moodle ou Teams da materia. |
| Seminario | Os contidos de cada tema discutiranse en seminarios mediante resolución de exercicios e análises de supostos prácticos. Os alumnos dispoñerán con suficiente antelación dos boletines de problemas a través da plataforma Moodle. Poderase solicitar a entrega de exercicios resoltos. |
| Prácticas de laboratorio | Realización de prácticas relacionadas coa materia, coa utilización de software e aplicacións web de libre distribución dirixidas ao deseño racional de fármacos. En particular, proponse a estimación de parámetros farmacocinéticos para moléculas orgánicas de pequeno tamaño, ademais do estudo da interacción molécula-diana farmacolóxica mediante docking molecular. |
| Proba mixta | Realizarase unha exame escrito no que valorarán os coñecementos adquiridos |