Prácticas de laboratorio |
Experimentación de procesos ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo. |
Aprendizaxe servizo |
Nesta actividade levarase a cabo a análise ambiental dun proxecto industrial e actualidade, neste caso, o proxecto GAMA de celulosa e textil para Palas de Rei (Altri-Greenfiber). Ademais do estudo dos diferentes aspectos técnicos do proxecto, abordaranse tamén o contexto socio-económico e os posicionamentos das diferentes partes implicadas no debate.
O profesor presentará esta actividade, os materiais dispoñibles e os axentes implicados, en sesións presenciais ou virtuais, analisando e discutindo os mesmos co alumnado, xunto cos obxectivos do traballo a realizar. O traballo autónomo do alumnado continuara ben de forma individual ou en grupo, contando con seguimento e titorización polo profesor. O alumnado contará con un guión previo e elaborará unha memoria do traballo. Os resultados e conclusións discutiranse en no grupo de clase, podendo contar coa participación dalgúns dos axentes implicados. |
Proba obxectiva |
Rematada a materia, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.
|