Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo de fin de Grao | Código | 610G01043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Cuarto | Obrigatoria | 15 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Traballo de fin de grao | Contidos propios dos módulos de: - Química Analítica - Química Física - Química Inorgánica - Química Orgánica - Outras áreas fronteirizas da Química, en asociación coas anteriores. Os temas dos TFGs proporanse de modo que exista correspondencia coas competencias xerais recollidas na memoria de grao. Os estudantes poderán propor temas ou liñas para que sexan tidas en conta e, de ser o caso, incorporados na oferta pública. Garantirase un número de temas suficientes para cubrir a totalidade dos estudantes matriculados no TFG en cada curso académico. Será competencia do equipo directivo do centro facer pública a oferta anual de posibles traballos a realizar. A asignación dos traballos farase seguindo o principio de igualdade, mérito e capacidade, tentando respectar as preferencias manifestadas polo alumnado implicado. Se o/a estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade nunha empresa ou noutro organismo distinto á UDC, no marco dun convenio de prácticas, unha das persoas que dirixa o traballo, con categoría de titulado superior, poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e desenvolvemento do TFG. |