Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación continua por parte do(s) director(es) de todo o proceso de realización do TFG, tendo en conta os diferentes elementos indicados na correspondente plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do(s) director(es) do traballo.
50
Presentación oral A24 B7 C1 C3 O tribunal valorará a presentación oral e a defensa do traballo presentado, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da presentación oral representa o 17.5% e a defensa e discusión dos resultados representa o 15%
32.5
Traballos tutelados A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 O tribunal valorará a calidade final da memoria presentada, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da memoria escrita presentada representa o 17,5%.
17.5
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS

DEPÓSITO DA MEMORIA

As instrucións relativas á entrega dos TFG figuran no
Procedemento de oferta, adxudicación e defensa dos TFGs, publicado na páxina
Web de Ciencias, no apartado de TFGs.

NORMAS DE ESTILO DA MEMORIA ESCRITA

A memoria deberá presentarse coa sinatura e
conformidade polo menos de un/unha director/directora, segundo se expresa no
procedemento. Porén, esta nunca substituirá á necesaria autorización telemática
da defensa na Secretaría

Virtual (Anexo II do procedemento), asinada tamén, polo menos de un/unha dos directores/as.

O TFG deberá incluír, como mínimo, un resumo (máximo 250-300 palabras), as
palabras clave, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os
obxectivos, unha revisión dos antecedentes existentes sobre o tema que se
trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais (se os houber),
os resultados obtidos, a súa discusión e/ou análise crítica e razoada, as
conclusións que se tiren do traballo (se as houber), e unha bibliografía. Cando menos o resumo, as palabras clave e as conclusións deberán estar redactadas nos tres idiomas (castelán/galego/inglés).

-O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir
estes requisitos básicos:

1. Portada: O modelo de portada obrigatoria pódese descargar da
Páxina Web da Facultade de Ciencias, no apartado de TFG).

2. Extensión:  Extensión: mínimo de 35 páxinas e máximo de 50 páxinas ou mínimo de 10.000 palabras e máximo de 15.000 palabras (esta cifra correspondese cunhas 40-45 páxinas con certa carga gráfica). Neste cómputo non estarán incluídas a portada, os resumos e o índice pero sí os anexos. 

3. Marxes: Non serán nunca inferiores a 2 cm (superior, inferior
e laterais)

4. Texto (tipografía): Texto normal: letra Arial (ou similar) a 12 puntos / Texto
dos pés de figura ou encabezados das táboas: non menos de 10 puntos

5. Espazo interlineal: Entre sinxelo e 1,5 liñas

-Quedará a criterio do director o emprego de software
de detección de plaxiarismo na memoria, se ben recoméndase a aplicación do
programa Turnitin. Aquelas memorias nas que non se realice a análise poderán presentarse,
se ben non quedarán recollidas no repositorio institucional da Universidade da
Coruña (RUC).

NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN ORAL

1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante
disporá dun tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha exposición de
10 minutos), do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo
deberá expoñer os

obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo.

2. Trala exposición do estudante os membros do
tribunal, por quendas, realizarán as observacións e preguntas que consideren
acaídas, se ben recoméndase un tempo máximo de 5 minutos por membro do
tribunal. O tempo de

debate non excederá os 20 minutos no conxunto das intervencións. A non resposta a ningunha das preguntas dos membros do tribunal será motivo
suficiente para non acadar la cualificación final de aprobado.

3. A presentación do traballo poderá realizarse de
xeito online se así o esixen as circunstancias sanitarias ou por causas
debidamente xustificadas e aceptadas polo Decano/a da Facultade de Ciencias.

CONSIDERACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN

 

A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia
do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal
deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Para a cualificación
final

establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un
dos membros do tribunal, e a conseguinte ponderación coa
cualificación do director/es.

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o
estudante que obtivera unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos,
segundo o criterio do tribunal avaliador.

No caso de que o/a estudante obteña a cualificación de
suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para
a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia

deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais
dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC
(artigo 31 da Normativa de Avaliación, Revisión e Reclamación das
Cualificacións dos

Estudos de Grao e Mestrado Universitario).

A matrícula dá dereito ao alumno a presentarse, exclusivamente,
ás dúas oportunidades fixadas en cada curso académico, de conformidade co
previsto na normativa académica da UDC.

No suposto de que o alumno non supere o TFG na
convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa
unha nova adxudicación, sempre que exista acordo entre titor e estudante, e así
o solicite o estudante.

Todos os aspectos relacionados con "DISPENSA ACADÉMICA", "DEDICACIÓN AO ESTUDO", "PERMANENCIA" e "FRAUDE ACADÉMICA" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.