Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas externas 2 | Código | 610G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | O titor nomeado pola empresa ou institución, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro (ANEXO IV), no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. |
50 |
Resumo | B3 C1 C6 C7 | Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII). O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o estudante revisará o documento e entregarao na Administración da Facultade de Ciencias xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Valorarase no seu conxunto, o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas. Recoméndase ao estudantado consultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro. Unicamente aqueles estudantes que completen o período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tarefas, para a súa avaliación, poderán obter unha cualificación superior a 4,5 (sobre 10). Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas, inferior sempre a 4,5 (sobre 10). No caso de non poder rematar o período de traballo por causas de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a decano/a do centro, que poderá suspender o efecta desta norma de avaliación. Todos os aspectos relacionados con "DISPENSA ACADÉMICA", "DEDICACIÓN AO ESTUDO", "PERMANENCIA" e "FRAUDE ACADÉMICA" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |