Sesión maxistral |
Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. O alumnado atopará en Moodle as presentacións e materiais adicionais de cada tema, nos que se incluen test de autoavaliación. |
Prácticas de laboratorio |
No laboratorio o alumnado realizará 7 prácticas relacionadas cos contidos teóricos que se abordan na aula, cunha duración de 2 h cada unha. O alumnado disporá do guión do traballo a realizar en cada sesión e dos materiais previos (lecturas, videos, etc.) que se revisarán antes de comezar a experimentación. O profesorado repasará os aspectos teóricos máis relevantes de cada práctica. Os guións incluirán o procedemento experimental e un cuestionario final. O alumnado deberá lelos previamente e terá que levalos ao laboratorio.
Cada alumno/a realizará individualmente unha memoria/caderno de laboratorio onde recollerá o obxecto e fundamento teórico da práctica, un esquema/debuxo do material empregado, os experimentos e as observacións feitas, os resultados obtidos, extraerá unhas conclusións e finalmente respostará ao cuestionario. Unha selección das preguntas do cuestionario serán entregadas ao/á profesor/a ao final de cada sesión.
A memoria será enviada en formato pdf, a través do Campus Virtual, para a súa avaliación por parte do profesorado unha semana despois de rematar as prácticas. |
Proba obxectiva |
Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado. |