Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 610G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 | A realización das prácticas é obrigatoria. A cualificación das prácticas representa o 25% da cualificación global. Valoraranse as cuestións entregadas ao final das sesións, a memoria das prácticas e a actitude e o traballo desenvolvido no laboratorio. Para poder superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nesta parte. | 25 |
Traballos tutelados | A26 B1 B2 B3 B4 | A cualificación das titorías representa un 25% da cualificación global. Valoraranse tanto o traballo individual do alumnado nos cuestionarios previos como a participación activa do alumno nas titorías, a asistencia e as cualificacións das probas curtas na clase e a través da plataforma Moodle. | 25 |
Proba obxectiva | A26 B1 B2 B3 B4 | A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teórico-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4,5 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4,5 (sobre 10) na proba obxectiva e/ou menos dun 5 (sobre 10) nas prácticas de laboratorio. A realización de todas as A cualificación das titorías obtida durante o curso manterase na segunda oportunidade. Outorgarase a cualificación de "non presentado" ao alumnado que participe en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva. Na oportunidade adiantada de decembro se aplicará a guía docente do curso anterior. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |