Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Física | Código | 610G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | O primeiro día de aulas falicitarase o programa da materia, a metodoloxía, os criterios de avaliación, así como un calendario detallado de cada unha das actividades. Esta información quedará ao alcance da/o alumna/o na plataforma Moodle. |
Análise de fontes documentais | Indicarase ao alumnado as fontes bibliográficas necesarias, tanto de problemas como dos temas teóricos e traballos tutelados, ao obxecto de que poidan consultar ou ampliar os aspectos tratados na aula. As titorías individuais permitirán reforzar este campo. |
Prácticas de laboratorio | Nas seis sesións de laboratorio as/os estudantes realizarán diferentes prácticas. Facilitaráselles un guión de cada práctica así como o material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendido en cada momento polo profesorado que lles resolverá aquelas dúbidas que vaian xurdindo. Ao finalizar as prácticas, cada estudante presentará unha memoria na que se recolla o traballo realizado e os resultados obtidos. Con anterioridade ás sesións prácticas está prevista unha sesión de aula na cal se explicará a forma de realizar as prácticas e a expresión dos resultados en forma numérica e/ou gráfica, coa indicación das incertezas. |
Solución de problemas | Unha vez finalizada a exposición teórica dos contidos de cada un dos bloques temáticos, dedicaranse sesións de aula á resolución de problemas de aplicación. Os problemas propostos entregaranse previamente por medio de boletíns. Neles, xunto cos enunciados, figurarán os resultados, ao obxecto de que as/os alumnas/os poidan ir realizando un proceso continuo de autoavaliación. Estes boletíns serán de dous tipos: uns xerais (para todo o alumnado de gran grupo) e outros complementarios que se entregarán aos distintos grupos reducidos. As sesións de seminario dedicaranse á resolución daqueles exercicios que presenten dificultades especiais. |
Proba obxectiva | Realizaranse dúas probas escritas, unha a mediados do curso e outra ao final, sobre contidos teóricos e problemas. As/Os alumnas/os que superen ditas probas estarán exentos de examinarse deses contidos no exame final de xuño (ou xullo). |
Sesión maxistral | O contido básico dos bloques temáticos será abordado na aula mediante explicacións impartidas polo profesorado, procurando que o alumnado participe activamente ao longo das sesións. Ao final de cada sesión colgaranse no campus virtual os contidos básicos dos temas vistos. |
Traballos tutelados | Con carácter voluntario propoñeranse ao alumnado traballos complementarios. A realización do traballo farase en grupos cuxa composición se estruturará no seu momento, dependendo do total de estudantes matriculadas/os. |