Prácticas de laboratorio |
As prácticas representan un complemento indispensable ás leccións teóricas. Nelas abordarase a aprendizaxe dos métodos e técnicas máis comúns para o tratamento da información xeográfica. O obxectivo será que o alumnado desenvolva as capacidades de interpretación, síntese e análise da información que suministra a bibliografía, a cartografía, e a fotoxeoloxía, grazas ó coñecemento global da materia e da súa aplicabilidade. Ademais preténdese que o alumnado adquira nocións básicas acerca da utilización da información xeográfica e da súa análise espacial empleando ferramentas informáticas (Sistemas de Información Xeográfica). |
Traballos tutelados |
Estes consistirán na elaboración de temas ou traballos individuais ou en grupos, propostos polo profesorado, sobre diversos aspectos da materia. Requírese: búsqueda e manexo da información, esquematización das ideas principais, división do traballo, discusión en grupo e exposición dos contidos na clase. Asimesmo o alumnado poderá participar voluntariamente nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou nun proxecto TPG. Os resultados das actividades expostas anteriormente serán avaliados. O profesorado asesorará permanentemente o desenvolvemento das diferentes actividades da aprendizaxe. |
Saídas de campo |
Complemento do resto das actividades. |