Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xeografía física | Código | 610G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A30 | Avaliación continua. | 20 |
Traballos tutelados | A6 A22 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 | Traballos elaborados polos alumnos e presentación dos mesmos. | 30 |
Proba obxectiva | B8 | Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura. | 50 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás clases prácticas de gabinete (incluíndo a entrega dos exercicios solicitados) e a elaboración dos traballos de seminario son condicións necesarias para ser avaliado. A participación nas prácticas e realización dos traballos suporá o 50% da cualificación final (prácticas: 20% e traballos: 30%). Os dous exames dos contidos teóricos representan o 50% da mesma. Para superar a materia, os dous exames teñen que estar aprobados (5 sobre 10). Adicionalmente valorarase a presentación dos seminarios, así como a participación activa neles, asistencia e participación nas tutorías, saída campo, visita AEMET, etc., puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final. Os estudantes que non superen a materia na Primeira Oportunidade serán avaliados nos exames oficiais da Segunda Oportunidade. Esta convocatoria avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), mediante exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO, os estudantes non poderán participar en máis dun 40% das actividades avaliables programadas. Todas as observacións previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica. Casos excepcionais: no caso de que os estudantes, por razóns debidamente xustificadas, non puideran realizar todas as probas de avaliacion continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas a tal efecto. Para a concesión das Matrículas de Honra priorizarse aos estudantes de primeira oportunidade. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: A guía docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro será a do curso en vigor. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|