Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 Na data oficial realizarase ben o exame final sobre os contidos do programa traballados nas sesións de teoría e prácticas. Na metade aproximada do cuadrimestre farase un exame parcial voluntario e liberatorio dos contidos teóricos e prácticos traballados ata ese momento. 60
Discusión dirixida A1 B1 B4 B6 B9 B10 B11 B13 Ben sexa na propia sesión presencial denominada "Revisión e problemas", ou ben como tarefa para realizar de xeito non presencial despois desta, evaluarase individualmente o nivel de comprensión dos temas obxecto da sesión cunha breve proba obxectiva de tipo test, análise ou resolución dalgún caso teórico relacionado. 20
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A26 A30 A31 B8 B13 Ao final do período de prácticas, o alumno estará obrigado a presentar un informe sobre as actividades realizadas coa resolución de problemas relacionados con eles. Para a avaliación das prácticas teránse en conta algunhas das prácticas feitas así como certas cuestions seleccionadas do cuestionario asociado ellas. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder avaliar o exame final.

O exame final da primeira oportunidade (ao finalizar o 2º cuadrimestre) representará o 60% da cualificación final e o 40% restante constituirao a memoria de prácticas e a exposición do traballo tutelado (20% e 20%, respectivamente). Para aplicar as porcentaxes indicadas o alumno deberá obter no exame unha nota superior a 4 sobre 10.

Considerarase alumno presentado todo aquel que participase nas Prácticas e entregase o traballo avaliable.

Para a cualificación final da segunda oportunidade (xullo), sempre que se realizaran as prácticas e, só no caso de que favorezan ao alumno, aplicaranse as mesmas porcentaxes derivadas das actividades realizadas durante o curso; en caso contrario, reflectirase a cualificación obtida no exame final.

Excepcionalmente, no caso de que o/a estudante, por razóns
xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua
(estudantes con dedicación a tempo parcial, circunstancias específicas de
aprendizaxe e apoio á diversidade ou circunstancias sobrevidas), adoptaránse as
medidas o realizaranse as actividades axeitadas que non perxudiquen a súa
avaliación.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, suporá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia na que se cometeu: o alumno será cualificado con suspenso (cualificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción cométese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación no acto de primeira oportunidade, se fose necesario.

Nesta asignatura aplicaranse os criterios xerais da UDC no séu
compromiso de respeto aos valores ambientales e de perspectiva de xénero.Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC