Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Histoloxía | Código | 610G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario | ||
|
Observacións | |
Xerais A brevidade no tempo entraña o perigo de que o alumnado non estea adaptado aínda ao sistema de estudo e traballo propio da ensinanza universitaria, e podería levar ao fracaso se o proceso de adaptación e mentalización non se fai convenientemente. Neste sentido, é importante o estudo constante e os repasos periódicos a medida que se avanza nos contidos da materia. Recoméndase ler ou traballar o tema das leccións maxistrais ou sesións en grupo reducido así como tomar notas ou apuntamentos durante as mesmas. Recoméndase ao alumnado que atope unha especial dificultade no seguimento das clases ou na abordaxe dos temas que integran o programa (tanto teórico como práctico) da materia a asistencia ás titorías individualizadas no horario reservado para iso (ver horario en https://ciencias.udc.es/gl/grao-en-bioloxia). Perspectiva de Xénero Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a realización de borradores
|