Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Bioquímica I/610G02011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bioquímica e Bioloxía Molecular/610G02013
Fundamentos bioquímicos de biotecnoloxía/610G02014

Observacións

Recórdase que para a obtención de matrícula terán preferencia as mellores notas da primeira oportunidade. 

Non se admitirá asistir a clase con comidas nin bebidas. 

Recoméndase asistir ás clases e utilizar as tutorías individuais para mellorar o éxito na asignatura.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.