Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico | Código | 610G02016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | B2 B4 B5 | Realizarase unha avaliación continua da elaboración de problemas e cuestionarios, os cales serán avaliados e supoñerán o 10% da nota final. Ademais, os coñecementos adquiridos na resolución de problemas serán valorados na proba mixta. | 10 |
Prácticas de laboratorio | A1 A2 A4 A9 A11 A13 A14 A25 A30 A31 | Asistencia obrigatoria. Avaliación continua durante o desenvolvemento destas (5%). Exame (15%). | 20 |
Proba mixta | A14 A15 A21 A27 B2 | Proba escrita dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais (50%) e na resolución de problemas (20%). Durante o desenvolvemento da materia lévaranse a cabo presencialmente varios exames curtos. Para os alumnos que non se presenten a estos exames, farase un exame presencial global na data prevista para o exame final. |
70 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás sesións de resolución de problemas e ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta).O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a proba mixta para superar a materia.Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente.Para a avaliación continua, no que se refire á resolución de problemas, cada estudante deberá ter resoltos os correspondentes boletíns de problemas previamente á asistencia a cada sesión e na forma indicada polo profesor. Finalmente, deberá acudir á correspondente sesión.Proba mixta: estará constituída por dúas partes, unha teórica (50%) e outra de resolución de problemas (20%).Para aprobar a materia deberá superarse cada unha das partes (calificación >=5): teoría, prácticas e resolución de problemas.Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto. Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta.No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a teoría, repetindo a parte correspondente da proba escrita, o mesmo no caso da resolución de problemas. Se son as prácticas, repetindo o exame. No caso de que varios alumnos optaran á obtención de Matrícula de Honra e non se puidesen concender todas, concederáselle a aqueles alumnos que obtivesen a máxma cualificación na primeira oportunidade. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente |