Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas en Microbioloxía | Código | 610G02017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 | Será obrigatorio por parte dos/as estudantes elaborar, resolver e presentar, de manera razoada, os resultados que previamente obtiveron na realización das prácticas de laboratorio, traballándose asimesmo a expresión e interpretación dos mesmos. Esta metodoloxía avaliarase mediante unha proba escrita específica. | 15 |
Sesión maxistral | A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 | Avalíase a través da proba mixta. | 0 |
Prácticas de laboratorio | A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 | Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do/a estudante durante o desenvolvemento das prácticas. A non realización das prácticas impide a superación da materia. Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos teóricos e prácticos abordados nas sesións de laboratorio. | 15 |
Proba mixta | B3 B8 C1 | Proba escrita acerca do grao de coñecemento dos contidos teóricos adquiridos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. | 50 |
Estudo de casos | B2 B5 B8 | O/a estudante deberá elaborar, presentar e defender en grupo un suposto caso práctico que se lle formulará. Este traballo será avaliado mediante unha rúbrica. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para que o/a estudante sexa avaliado, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, é obligatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio, polo que a non realización das mesmas impide a presentación ás probas escritas así como ao seminario e ao estudo de casos. Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o/a estudante deberá ter obtido un 2,5 sobre 5 na proba mixta, asistir e realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias (prácticas, seminario e estudo de casos) e obter nelas unha puntuación mínima de 2,5 puntos sobre un máximo de 5. No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda só poderá presentarse á proba mixta. Se non se realizaron as prácticas de laboratorio, non se superará a materia. Para que un/ha estudante sexa considerado/a NON PRESENTADO/A deberá ter os seguintes requisitos: non ter asistido ás prácticas de laboratorio ou non presentarse á proba mixta. Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota. No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente a un/ha alumno/a de parte do proceso de avaliación. Dito alumno/a tería que someterese a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |