Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, redacción e ortografía, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas.
80
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR A TODAS AS PRÁCTICAS E APROBAR A PROBA CORRESPONDENTE na que, coma nas outras actividades avaliables, teranse tamén en conta a redacción e ortografía do texto presentado.

20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia cómpre acadar o 50% (5 sobre 10) da puntuación correspondente ás  prácticas e o 50% (5 sobre 10) da puntuación da proba mixta (exame final).

A proba mixta avaliará o coñecemento dos fundamentos teóricos traballados na materia e a resolución de problemas.

A nota final en actas do alumnado que no acadase os mínimos establecidos nunha das partes será a do exame que estivese suspenso.

O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 en prácticas pode optar a aprobar sempre que a cualificación da proba mixta sexa 5 ou superior e a cualificación final acumulativa sexa igual ou superior a 5.

O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 na proba mixta pode optar a aprobar sempre que a cualificación de prácticas sexa de 5 ou superior e a cualificación final acumulativa sexa igual ou superior a 5. Neste caso, aínda que a puntuación acumulativa fose superior ao 5 sobre 10, a cualificación en acta será de 5,0.

As cualificacións de prácticas aprobadas gardaranse entre a primeira e segunda oportunidade, así como para as dúas oportunidades do seguinte curso académico en que se superaron as prácticas.

Gardaranse as cualificacións de 5 ou superior en proba mixta entre a primera e a segunda oportunidade do mesmo curso académico, pero en ningún caso entre cursos académicos.

Considerarase PRESENTADO ao alumnado que realice a proba mixta e/ou o exame de prácticas.

No caso de
situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas
adicionais para que a/o estudante poida superar a materia.

Todos os aspectos relacionados con "apoio á diversidade", “dispensa académica”,“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.