Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xenética de poboacións e evolución | Código | 610G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Profesor/a.- Presenta a guía docente da materia, aclara dúbidas, organiza aos alumnos para as actividades. Alumno/a.- Toma notas, formula dúbidas e cuestións. |
Sesión maxistral | Profesor/a.- Explica os fundamentos teóricos da materia. Alumno/a.- Observa, asimila e toma notas. Formula dúbidas e cuestións. Memoriza. Le os textos recomendados. Resolve exercicios complementarios. |
Prácticas a través de TIC | Profesor/a. - Presenta os obxectivos, prepara o material e o equipo, expón os métodos, proporciona un guión, asiste aos alumnos. Alumno/a. - Experimenta coas ferramentas bioinformáticas, analiza datos e elabora unha memoria. |
Seminario | Profesor/a.- Presenta o tema desde unha perspectiva histórica. Distribúe aos alumnos e alumnas en grupos de traballo. Avalúa. Alumno/a.- Toma notas. Le os textos recomendados. Se organiza cos outros membros do seu grupo de traballo. Elabora unha presentación con diapositivas. Memoriza. Fai unha presentación oral do tema que se lle asigne. |
Proba de resposta múltiple | Realizarase mediante a plataforma Moodle do curso. Profesor/a. - Formula preguntas e valora as respostas dos alumnos. Alumno/a. - Consulta os seus materiais de apoio e responde ás preguntas de maneira asincrónica. |
Proba obxectiva | Corresponde ao exame oficial da materia. Profesor/a. - Prepara un exame escrito, con exercicios de cálculo e preguntas de resposta múltiple. Valora as respostas dos alumnos. Alumno/a. - Responde ás preguntas de maneira individual e sincrónica, sen apoio externo de ningún tipo. |