Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva B7 B8 B12 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. 45
Seminario B1 B3 B7 C1 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada seminario, así como a súa actitude e participación nos mesmos. 10
Prácticas de laboratorio A2 A4 A30 A31 A32 B1 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e presentación de informes de prácticas. Cualificarase o contido e calidade.
30
Prácticas a través de TIC B3 B7 B9 B10 C3 C4 C6 Ao comezo do curso infórmase os alumnos da actividade a realizar ao longo do curso, que pode ser tanto individual como grupal. Cualificarase o contido, calidade e presentación da actividade.
15
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación de polo menos o 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na teoría e 4 sobre 10 na parte práctica. 

Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita e superar a avaliación da parte práctica. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. 








As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico salvo a parte práctica. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a avaliación das probas obxectivas será a mesma, e a avaliación continua da participación poderá substituírse por un traballo individual proposto polo profesor e avaliado en titorías.


No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos
criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante
alumnado.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente
a cualificación de
suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente,
invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria