Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á Botánica: Botánica xeral | Código | 610G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
BLOQUE I: INTRODUCIÓN E CONCEPTOS XERAIS | I.1. Organismos estudados na Botánica. I.2. O Método científico na Botánica. I.3. Sistemática, nomenclatura e taxonomía dos vexetais. I.4. Campos e aplicacións da Botánica. |
BLOQUE II: ESTRUTURA DOS VEXETAIS E FUNGOS | II.1. Introdución a estrutura dos vexetais e fungos II.2. O corpo vexetativo. II.3. Estruturas reprodutoras. II.4. Reprodución. Alternancia de fases nucleares e de xeracións. Ciclos biolóxicos. |
BLOQUE III: ECOLOXÍA E CONSERVACIÓN | III.1. Comunidades e poboacións vexetais. Interación con outros organismos. III.2. Ecoloxía reprodutiva. III.3. A conservación da biodiversidade vexetal. Ameazas e estratexias de conservación. III.4. A Xeobotánica como ciencia integradora. Os reinos florísticos e as principais formacións vexetais da Terra. Biomas. |
BLOQUE IV: BIODIVERSIDADE E EVOLUCIÓN | IV.1. A evolución en vexetais. Encadre dos vexetais nos seres vivos. Relacións evolutivas e importancia da filoxenia. Caracteres e principais grupos. IV.2. Niveis morfolóxicos de organización dos vexetais. Evolución de talófitos a cormófitos. IV.3. Moneras e protistas fotosintéticos. Cianobacterias e algas. IV.4. Fungos e outros organismos heterótrofos. Simbioses fúnxicas. IV.5. As plantas sen flores. Caracteres xerais dos embriófitos. Os embriófitos vasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos pteridófitos. IV.6. Os embriófitos prevasculares. Caracteres xerais e ciclo de vida dos briófitos. IV.7. As plantas con flores. Caracteres xerais e ciclo de vida dos espermatófitos. IV.8. As ximnospermas e anxiospermas (dicotiledóneas e monocotiledóneas). |
SEMINARIOS | 1.- Clasificación y sistemática. 2.- Ciclos de vida de vexetais e fungos. 3.-Diagramas e fórmulas florais. Claves de identificación. 4.- Estudos comparados de organismos. |
PRÁCTICAS | 1.- Introdución da paisaxe vexetal local, estudio organográfico e diagnóstico de campo dunha selección de especies. Recolección e métodos de conservación. 2.- Características e función de fungos e líquenes. Observación de estruturas vexetativas (micelio) e reprodutoras en Zygomycetes e Ascomycetes microscópicos. Recoñecemento de corpos frutíferos de Ascomycetes e Basidiomycetes. Tipos morfolóxicos de liques e o seu hábitat. Recoñecemento de estruturas reprodutoras en liques. 3.- Características e función de algas microscópicas. Manexo do microscopio. Análise de algas microscópicas en augas continentais (eutrofizadas ou non). Estudo de algas en plancto mariño. 4.- Características e función de algas macroscópicas. Observación de representantes de de auga doce e mariña. Organización e morfoloxía, estructuras reprodutoras e ciclo vital. 5.- Características e función de briófitos e pteridófitos. Estudo de diversidade de representantes de briófitos (hepáticas e musgos) e de pteridófitos (fentos, equisetos e licopodios). 6.- Características e función de ximnospermas. Observación de caracteres vexetativos e reprodutores. Recoñecemento de especies de ximnospermas (Pinaceae, Cupressaceae, Taxaceae) representativas da flora ibérica. 7.- A flor. Análise da flor. Estudo morfolóxico de diferentes tipos de flores. 8.- Estudo das características e función de anxiospermas monocotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico. 9.- Estudo das características e función de anxiospermas dicotiledóneas. Recoñecemento de especies comúns en ambiente eurosiberiano ibérico. |
ESTUDO DE CASO (Práctica TIC) | Esta actividade denominada herbario virtual realizarase como unha estratexia válida de formación investigativa que posibiliten a integración teórico-práctica dos coñecementos previos e ancestrales coas novas tecnoloxías da informática, para obter unha aprendizaxe significativa. |