Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. 0
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. 45
Prácticas de laboratorio A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 Avaliaranse mediante un exame a realizar unha vez finalizado o periodo de prácticas. Tamén se terá en conta o grao de participación do estudante en todas as prácticas. 20
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de estudo de casos ou a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral.

15
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación, así como a calidade do informe das actividades realizadas. 5
Traballos tutelados A22 A26 A27 B3 B8 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou o estudo de casos. A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.

15
 
Observacións avaliación

A/o estudante deberá prestar gran atención á distribución deactividades amosada no cadro de planificación. É fundamental que a/o estudanteasuma que para superar a materia terá que dedicarlle aproximadamente unhas 51horas presenciais e case 100 horas de traballo autónomo, estas últimasdistribuidas entre as seguintes actividades: redacción de informes, preparacióndos seminarios e horas de estudo para o exame de teoría.

A asistencia ós seminarios non éobligatoria pero avaliarase o traballo levado a cabopolo/pola estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude eparticipación nos mesmos con ata un 1% de cualificación final.

Todos os/asestudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso. Parasuperar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado enalomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente a/oestudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos naproba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) ede 4 sobre 10 no resto das avaliacións obrigatorias. A nota global do curso nondeberá ser inferior a 5. Os estudantes que, presentándose a todas asactividades avaliables non acaden os mínimos para superar a materia, seráncualificados cunha nota máxima de 3,5 na correspondente oportunidade. Aqueles que non se presenten a algunha das actividades obrigatorias,recibirá como máximo unha calificación de 2 na correspondiente oportunidade. Para obter a cualificación de "non presentado"a/o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas.

Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), a/o estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou exame de prácticas de laboratorio. A necesidade de realizar estas probas de recuperación ou otras actividades avaliables pendentes indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico vixente. A/O estudante que suspenda nas dúas oportunidades terá que repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente, no caso de que a/o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: a guía docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro será a do curso anterior.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 2024/2025 as seguintes datas importantes :

Prácticas de laboratorio: entre setembro e novembro de 2024 (pendentes por concretar, serán comunicadas con antelación).

Exame de prácticas de laboratorio: novembro de 2024 (pendente por concretar, serán comunicado con antelación).

Saída de campo Criptógamas de bosque húmido (obrigatoria): martes 1 de outubro de 2024. Saída de campo Criptógamas mariñas (voluntaria): sábado 21 de setembro de 2024.

Entrega informes saídas de campo –en pdf- (data límite): martes 15 de outubro de 2024.

Portas abertas no laboratorio: entre outubro e novembro de 2024 (pendentes por concretar, serán comunicados con antelación).

Entrega dos informes de casos prácticos -en pdf- e realización de exame de herbario: luns 16 de decembro de 2024.

Entrega dos informes dos traballos titorizados -en pdf-: luns 16 de decembro de 2024