Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Botánica sistemática: Fanerogamia | Código | 610G02025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Bloque I (Clases Maxistrais): Evolución Vexetal | Tema 1 - Ciclos biolóxicos dixenéticos na liñaxe verde. Dos musgos ás plantas con semente. Tema 2 - O megaesporanxio, o primordio seminal e a semente. Homoloxías entre os ciclos vitais. Tema 3 - Grupos taxonómicos principais nas plantas terrestres de ciclo dixenético. O concepto de especie nas plantas. Taxonomía morfolóxica e filoxenia. Tema 4 - Paleoecoloxía das primeiras plantas terrestres. O xacemento de Rhynie e o bosque de Gilboa. Transicións da flora no Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico. Tema 5 – Innovacións biolóxicas nas ximnospermas e anxiospermas. Bases da diversidade das plantas con semente. Tema 6 - Mecanismos de evolución vexetal. Evolución reticulada. Reprodución asexual, hibridación e poliploidización. Autopolinización e especiación críptica. |
Bloque II (Clases Maxistrais):Polinización e dispersión | Tema 7 – Polinización. Mutualismo e parasitismo na polinización. Sistemas de polinización e diversidade. Tema 8 – As Ximnospermas e a súa polinización. Adaptacións á anemofilia e excepcións. Diversidade de ximnospermas. Tema 9 – As anxiospermas e a súa polinización. Anxiospermas con anemofilia total e parcial. Salicaceae, Fagaceae e Betulaceae. Tema 10 – A zoofilia en anxiospermas. Exemplos de adaptación á zoofilia entre as anxiospermas de especial relevancia no NW Ibérico. Asteraceae, Ericaceae, Fabaceae e Lamiaceae. Tema 11 – Outras formas de dispersión do pole. As anxiospermas mariñas. |
Bloque III (Clases Maxistrais): A agricultura | Tema 12 – Agricultura: cultivo e domesticación. O síndrome de domesticación. Colos de botella, selección, hibridación e poliploidización. Tema 13 – As gramíneas e os seus procesos de domesticación. A domesticación noutras familias de importancia económica: Rosaceae, Solanaceae, Brassicaceae e Apiaceae. |
Bloque IV (Clases Maxistrais): Bioxeografía | Tema 14 – Reinos Florísticos. Fitocoroloxía: áreas de distribución. Vexetación potencial e series de vexetación. Plantas endémicas, raras, ameazadas e invasoras. |
Seminarios de 2 horas: | Seminario 1: Realización de cuestionarios arredor dos ciclos vitais na liñaxe verde. Introdución á realización dos casos prácticos. Seminario 2: A evolución das plantas vasculares. Repaso de conceptos fundamentais e elaboración de cuestionarios. Seminario 3: Polinización e dispersión. Ximnospermas e anxiospermas anemófilas e zoófilas. Repaso de conceptos fundamentais e elaboración de cuestionarios. Seminario 4: A agricultura. Análise comparada entre as familias de importancia económica. Revisión dos conceptos fundamentais da materia e realización de cuestionarios. |
Práctica de campo | Toma de contacto coa diversidade das plantas con semente. Analizarase a diversidade vexetal de distintos medios de alto interese polo seu grao de endemicidade, rareza, etc. |
Prácticas de laboratorio | Práctica 1. Análise filoxenética. Construción dunha filoxenia de Máxima Parsimonia. Práctica 2: Diversidade de Ximnospermas. Identificación, estrutura e análise comparativo dos estróbilos femininos nas Subclases Ginkgoidae e Pinidae. Práctica 3: Clasificación dos froitos. Inflorescencias, flores e froitos. Práctica 4: Diversidade de Anxiospermas I. Árbores forestais. Familias Fagaceae, Betulaceae, Salicaceae, Oleaceae e Adoxaceae/Caprifoliaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión. Práctica 5: Diversidade de Anxiospermas II. Matogueiras. Familias Fabaceae, Ericaceae, Cistaceae, Rosaceae e Lamiaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión. Práctica 6: Diversidade de Anxiospermas III. Plantas herbáceas (Rosidae, eu-dicots). Familias Apiaceae, Caryophyllaceae, Asteraceae, Euphorbiaceae e Primulaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión. Práctica 7: Diversidade de Anxiospermas IV. Plantas herbáceas (Lilianae, monocots). Familias Asphodelaceae, Poaceae, Juncaceae, Alliaceae e Iridaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión. |
Aprendizaxe-servizo | Os/as estudantes terán a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento e conservación da flora. Esta actividade configúrase como alternativa á realización dos casos prácticos. |
Casos prácticos | Realizaranse dous casos prácticos nos que se profundará no estudo das características morfolóxicas, biolóxicas e xenéticas dos espermatófitos, con especial atención ó coñecemento da diversidade vexetal no NW peninsular. Esta actividade configúrase como alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo. |