Materias que se recomenda ter cursado previamente
Histoloxía/610G02008
Organografía microscópica/610G02009
Xenética/610G02019
Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Fisioloxía vexetal I/610G02027
Fisioloxía vexetal II/610G02028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xenética molecular/610G02020
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029

Materias que continúan o temario
Xeografía botánica: Xeobotánica/610G02026

Observacións

-Recoméndase traballar na materia de xeito regular ó longo do cuatrimestre, e facer uso da bibliografía recomendada

-Dada a carga de traballo do terceiro curso do Grao en Bioloxía, recoméndase ós estudantes que rematen os proxectos o antes posible.

-Os estudantes deberían acudir a titorías cos profesores para tratar as dúbidas xurdidas nas distintas actividades, especialmente no referido ós casos prácticos e ós proxectos de aprendizaxe-servizo.

Programa Green Campus da Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Perspectiva de xénero

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.