Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A19 A22 A24 A27 A29 B1 B3 B4 B7 C3 Avaliaranse os coñecementos do alumno no temario da materia mediante unha proba obxectiva escrita que poderá conter preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver.
50
Estudo de casos A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A22 A24 A27 A29 A30 A31 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 C1 C3 C4 Avaliarase a adecuación á estrutura, a análise e discusión dos resultados obtidos e a presentación do traballo elaborado.
40
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A29 A30 A31 B1 B4 B5 B7 C3 Avaliarase a asistencia e actitude do alumno.
5
Saídas de campo A32 B1 B2 B3 B5 B6 B7 Avaliarase a asistencia e actitude do alumno.
5
 
Observacións avaliación

Para poder superar a asignatura na primeira oportunidade será preciso ter unha participación de alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter cando menos a
cualificación de 4 sobre 10 puntos na prueba obxectiva escrita.

Para poder superar a asignatura na segunda oportunidade (Xullo), o
alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá
realizar unha proba obxectiva escrita semellante á da primeira
oportunidade (60% da cualificación) e unha proba práctica de
identificación de material e traballo con inventarios florísticos (40% da cualificación).

As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán
conservadas só durante o correspondente curso académico.

Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno no poderá ter
participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

No seu caso, na avaliación dos alumnos con dedicación a tempo parcial ou con excepción de asistencia o 10% da avaliación reservada á avaliación das saídas de campo e / ou prácticas de laboratorio incorporarase á avaliación da proba obxectiva escrita.

Para aqueles alumnos que soliciten participar na oportunidade anticipada de decembro, aplicarase a guía docente do curso anterior.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente.