Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A18 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B13 As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira contínua polo profesor. 20
Proba mixta A8 A18 A26 A29 A30 A31 Exame dos coñecementos teóricos e prácticos. 60% teórico 20% práctico. 80
 
Observacións avaliación

A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica que inclúe os seminarios e parte da probamixta

2) Parte práctica, incluída na proba mixta.

En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Ademais, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso). Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a probamixta, as cualificacións obtidas en seminarios mantéñense da primeira oportunidade. Se o/a alumno/a está suspenso na primeira oportunidade e a nota nunha das partes da proba mixta (teoría ou práctica) é de 5 ou máis puntos, manterase esa nota na segunda oportunidade, tendo só que realizar a outra parte da proba mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de repetir a totalidade da proba mixta.

A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. A non asistencia a unha ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous puntos menos, respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o/a alumno/a non asistise a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a asignatura.

Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles/as alumnos/as que non concorran ás probas mixtas.

Todos os aspectos relacionados con dispensa
académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse
de acordo co a normativa académica vixente da UDC.