Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Fisioloxía vexetal aplicada | Código | 610G02029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral do tema complementada con presentacions en Power Point, videos e/ou esquemas no encerado. Durante o desenvolvemento do tema vanse intercalar preguntas aos estudantes para que reflexionen sobre elas e as respondan oralmente, previamente á sua explicación polo profesor. |
Seminario | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun ou de varios temas. Realizaránse nos grupos moi reducidos establecidos polo centro, amais do traballo non presencial dos estudantes. Incluirá a elaboración de materiais sobre o(s) tema(s) traballado(s). |
Proba mixta | Constará de duas partes, nas cales vanse avaliar os coñecementos adquiridos, tanto teóricos coma prácticos. A proba mixta poderá incluir preguntas para desenvolver un aspecto da teoría, tipo test ou problemas |
Prácticas de laboratorio | Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |