Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A18 B2 B6 B8 Exame dos coñecementos teóricos e prácticos.
40% teórico.
20% práctico.
60
Seminario B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 B13 As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira continua polo profesor. 30
Prácticas de laboratorio A31 A30 Entrega de informes sobre algunha das prácticas realizadas. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica, que inclúe os seminarios e a parte teórica da proba mixta.

2) Parte práctica, que inclúe os informes que se deben entregar e a parte
práctica da proba mixta.

En cada unha delas tense que acadar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Amais,
será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes,
teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades
avaliables ten que chegar a un mínimo de 5 puntos. Se a media for de 5 ou máis
puntos, pero se obtiver menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou
nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso).

Na segunda oportunidade (Xullo) realizarase unicamente a proba mixta. Nesta
oportunidade mantéñense as cualificacións obtidas na primeira oportunidade nos
seminarios e informes de prácticas. Se o alumno está suspenso na primeira
oportunidade, mais a nota nunha das partes da proba mixta (teoría ou práctica)
é de 5 ou máis puntos, manterase esa nota na segunda oportunidade, tendo só que
realizar a outra parte da proba mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de
repetir a totalidade desa proba.

A asistencia a prácticas considérase obrigatoria. A non asistencia a unha
ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous puntos menos,
respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o alumno non
asiste a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a materia. Se non
concorreren ás probas mixtas, os estudantes serán considerados como NON
PRESENTADOS.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC.