Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto; elaboración e defensa de traballos; e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun exame de contidos teóricos (representando o 65% da cualificación total), un exame de contidos prácticos (20% da cualificación total) e unha avaliación das actividades realizadas en grupo reducido (15% da cualificación total) • Obterán a cualificación de Non Presentado (NP) as/os estudantes que non se teñan presentado ao exame de contidos teóricos.

Aspectos e Criterios de Avaliación • Mediante o exame de contidos teóricos avalíanse as compentencias A1/A7. Mediante o exame de contidos prácticos avalíanse as competencias A1/A2. Mediante a avaliación de contidos tratados en grupos reducidos avalíanse as competencias A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11.

Para a superación da materia na primeira oportunidade de avaliación é imprescindible cumprir os seguintes requisitos:

1) Presentarse ao exame de contidos teóricos e ao exame de contidos prácticos.

2) Obter no exame teórico unha cualificación mínima dun 4,5 sobre 10 (2,9 sobre 6,5) e acadar, como mínimo, untotal de 5 puntos sobre 10, engadindo a puntuación acadada no exame de contidos prácticos e nas probas de avaliación en grupo reducido. Os/as estudantes que non acaden como mínimo un 4,5 dobre 10 no exame de contidos teóricos, e ainda que ca suma do resto de contidos acaden 5 puntos ou mais, obterán a cualificación final de “Suspenso”,consignándose como calificación oficial a acadada no exame de contidos teóricos.

Calquera alumno/a que non supere a materia na primeira oportunidade, habéndose presentado ao exame práctico, teórico ou ambos, poderá volver a realizar ambos exames na segunda oportunidade. Neste caso os/as alumnos/as que se presenten ao exame de teoría e/ou prácticas na segunda oportunidade recibirán a cualificación obtida nesta segunda oportunidade de cara á cualificación final, renunciando, no seu caso, as correspondentes cualificacións da primeira oportunidade. Para a superación da materia na 2ª oportunidade de avaliación e para a consignación da cualificación no expediente académico considéranse os mesmos requisitos que os sinalados para a 1ª oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica,dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.