Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Fisioloxía Animal I | Código | 610G02035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Introdución: Temas 1 e 2. | Tema 1. A Fisioloxía Animal como Ciencia: concepto e perspectiva histórica. Características funcionais dos animais. O animal e o seu medio ambiente: medio externo e factores condicionantes dos procesos fisiolóxicos. Concepto de medio interno e a súa constancia. Concepto de homeostase e mecanismo homeostático. Tema 2. Transferencia de substancias a través das membranas biolóxicas. Orixe do potencial transmembrana. Potenciais de membrana: potencial de repouso e potencial de acción. Bases iónicas do potencial de acción. Propagación do potencial de acción: difusión da excitación / transmisión do impulso. |
Función dixestiva e bioenerxética: Temas 3 a 7. | Tema 3. Nutrición: requirimentos nutritivos. Mecanismos de captura ou inxestión do alimento. Regulación da inxestión do alimento. Visión xeral dos sistemas dixestivos: tipos de dixestión, sistemas dixestivos e fases da dixestión. Tema 4. Rexións funcionais das vías dixestivas (I). Recepción: mastigación e secreción salivar. Deglución, condución e almacenamento. Peristaltismo esofáxico. Motilidade gástrica e control do baleirado gástrico. Estrutura e innervación do músculo gastrointestinal. Motilidade e reflexos intestinais. Tema 5. Rexións funcionais das vías dixestivas (II). Secrecións: salivar, gástrica, pancreática, biliar e intestinal, e regulación. Enzimas dixestivas dos invertebrados. Estrutura da mucosa de absorción. Dixestión dos alimentos e absorción gastrointestinal: procesos fisicoquímicos implicados. Absorción de carbohidratos, proteínas e graxas. Absorción de auga, electrólitos e vitaminas. Dixestión e absorción en rumiantes. Fermentadores en tracto posterior. Intestino groso: motilidade e secrecións. Formación de feces fecais e defecación. Tema 6. Enerxética dos organismos e produción de calor. A taxa metabólica: definición e significado. Metabolismo basal e factores que condicionan a taxa metabólica: actividade, tamaño, superficie, balance hormonal, etc. Métodos de medida do metabolismo. Tema 7. Temperatura corporal. Animais ectotermos e endotermos. Mecanismos de produción e transferencia de calor. Adaptacións ao frío e a calor en ectotermos e endotermos. Mecanismos reguladores da temperatura corporal. Ritmos biolóxicos e aletargamento: sono, torpor, hibernación e estivación. |
Sistemas respiratorios: Temas 8 a 11. | Tema 8. Sistemas respiratorios. Dispoñibilidade de osíxeno: gases no aire e na auga. Intercambio de gases en medio acuático. Os peixes como modelo de respiración acuática: respiración branquial. Papel da pel na respiración. Tema 9. Intercambio gaseoso no medio aéreo. Respiración traqueal e pulmonar. Respiración pulmonar: estrutura funcional e mecánica respiratoria. O pulmón das aves: un mecanismo unidireccional. Tema 10. Regulación da respiración. Regulación nerviosa. Quimiorreceptores e barorreceptores na regulación da respiración. Regulación e exercicio. Tema 11. Intercambio-transferencia de gases e transporte de gases. Os pigmentos respiratorios. Función da hemoglobina e mioglobina no transporte de osíxeno, e curvas de disociación ou curvas de equilibrio O2. Factores que inflúen na afinidade da hemoglobina polo osíxeno. Efecto Bohr. Transporte de CO2 e curvas de equilibrio, e entrada dende os tecidos e descarga. Efecto Haldane. |
Sistemas circulatorios: Temas 12 a 15. | Tema 12. Circulación: consideracións xerais e tipos de sistemas cardiovasculares. Sistemas de propulsión: tipos de corazón e evolución do corazón de vertebrados. Tema 13. O corazón mióxeno: fisioloxía do músculo cardíaco. Excitación cardíaca: automatismo e ritmicidade cardíaca (función do nódulo senoauricular como marcapasos). Condución intra cardíaca. O corazón neuróxeno. A bomba cardíaca. O ciclo cardíaco: correlación dos eventos eléctricos e mecánicos, e traballo do corazón. Gasto cardíaco. Regulación da actividade cardíaca: regulación intrínseca, nerviosa e hormonal. Tema 14. Principios hidrostáticos e hidrodinámicos aplicados á hemodinámica. O sistema arterial. Determinantes da presión arterial. Circulación venosa. A presión venosa. Regulación da circulación sanguínea (autorregulación, regulación nerviosa e hormonal). Barorreceptores e quimiorreceptores. Circulación capilar: intercambio entre os capilares e os espazos intercelulares. Circulación pulmonar. Circulación coronaria. Circulación cerebral. O sistema linfático, mecanismo de drenaxe tisular: estrutura e funcionamento. Tema 15. Fluídos corporais. Líquidos circulantes: tipos e composición. Elementos celulares. Inmunidade. Hemostasia e coagulación do sangue. Sistemas hemostáticos nos distintos animais. |
Equilibrio iónico-osmótico e excreción: Temas 16 a 19. | Tema 16. Osmorregulación e medio ambiente. Parámetros ambientais dos medios acuáticos e terrestres. Osmorregulación en animais acuáticos: estratexias para a regulación hídrico-salina nos medios isoosmóticos, hiperosmóticos e hipoosmóticos. Problemas hídricos e electrolíticos da vida terrestre. Tema 17. Función excretora e produtos de excreción: depuración dos líquidos corporais e mantemento dos seus volumes. Excreción de produtos nitroxenados. Os órganos excretores de invertebrados: modalidades de nefridio e túbulos de Malpighi. O ril dos vertebrados: a asa de Henle e a capacidade de formar ouriña hiperosmótica. Anatomía funcional. Tema 18. O ril dos mamíferos (I). Mecanismos básicos da formación de ouriña: filtración glomerular, secreción tubular e reabsorción. Diversidade dos segmentos tubulares e a súa función. Taxa de filtración glomerular, aclaramento renal e transporte máximo. Tema 19. O ril dos mamíferos (II). Regulación polo ril dos ións Na+, K+ y Cl-. Outros ións. Regulación da función renal e concentración de ouriña: sistema multiplicador contracorrente. Papel dos mineralocorticoides. Regulación do volume corporal: a hormona antidiurética. Función renal e presión arterial: sistema renina-anxiotensina. O equilibrio ácido-base e a necesidade do seu mantemento. Regulación. |