Sesión maxistral |
As sesións maxistrais (27 sesións cunha duración de 50 minutos cada unha) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Nelas expoñeranse 19 temas cos principais contidos da materia. O material empregado nestas sesións estará a disposición dos/as alumnos/as a través da plataforma Moodle. Se ben a asistencia ás mesmas non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE. |
Seminario |
Os seminarios levaranse a cabo durante as horas de teoría en grupos interactivos. Neles incidirase sobre algúns dos aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais para o cal se executarán actividades de distinta natureza: visión de vídeos, elaboración de materiais, presentación de traballos, etc. As actividades e/ou probas curtas asociadas, realizadas no contexto destes seminarios, serán consideradas como parte da avaliación individual do/a alumno/a. Se ben a participación nos mesmos non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio teñen carácter OBRIGATORIO. Nelas manexaranse distintos organismos (en ocasións empregando unha contorna virtual) co fin de estudar as diferentes funcións abordadas no programa teórico. |
Proba obxectiva |
Proba que combina distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico. Alternativamente, os/as estudantes terán a posibilidade de realizar 3 probas obxectivas parciais ao longo do curso que lles permitirán superar a materia mediante unha avaliación continua. |