Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Adaptacións funcionais da fauna ao medio | Código | 610G02037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 | Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario. O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. |
25 |
Proba obxectiva | A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 | Haberá un exame final escrito da materia ao remate do cuadrimestre. Trátase dunha proba con distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico impartidos nas sesións maxistrais. A nota obtida supoñerá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos sobre 10). Non obstante, é preciso obter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 (2,7 sobre 6) nesta proba para superar a materia. Alternativamente os/as estudantes terán a opción de facer 3 probas obxectivas parciais ao longo do curso. Ao igual que no caso da avaliación por medio dunha única proba, é preciso que os/as alumnos/as acaden un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais co gallo de superar a materia. Aqueles alumnos/as que opten pola avaliación continua precisarán acadar un mínimo de 4,5 puntos en todas e cada unha das probas parciais. Os/as alumnos/as que non acaden dita puntuación nalgunha das probas quedarán automaticamente excluídos/as deste sistema de avaliación e deberán presentarse á proba obxectiva final de toda a materia. |
60 |
Prácticas de laboratorio | A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 | Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas. Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos. |
15 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nas sesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. -Na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles estudantes que non concorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos nos seminarios. -Terán carácter de SUSPENSO aqueles estudantes que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos nos seminarios. - A superación da materia na primeira oportunidade precisa da asistencia ás prácticas de laboratorio. Caso de existir "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia", que non puidese ter realizado as prácticas de laboratorio, deberá realizar de forma específica un exame de prácticas. Neste caso, a superación da proba obxectiva da materia, que representa o 60% da cualificación final, debera? ser complementada coa obtención de, polo menos, unha cualificación de 5,0 no exame de prácticas mencionado. - Os/as estudantes que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación no tiveran realizado as prácticas de laboratorio por unha razón debidamente xustificada, terán que facer fronte de forma específica e superar (cualificación de 5,0 puntos ou máis) un exame de prácticas. Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles estudantes que non concorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nos debates desenvoltos nos seminarios. Serán cualificados con SUSPENSO aqueles estudantes que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación (4,5 sobre 10). Os/as estudantes que non acaden a cualificación mínima sinalada na proba obxectiva, figurarán na acta cunha nota máxima de 4,5. Os/as estudantes que soliciten presentarse á convocatoria adiantada de decembro rexeranse polo sinalado na guía docente do curso académico anterior. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa vixente da UDC |