Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Traballos tutelados |
Proba de resposta breve |
Aprendizaxe servizo |
Sesión maxistral |
Seminario |
|
Descrición |
As titorías, a petición do alumno, poden ser empregadas para resolver dúbidas e comentar o programa da materia, tanto o abordado nas sesións maxistrais como nos seminarios e no traballo de prácticas. Ademais, os profesores farán un seguimento dos traballos elaborados polos alumnos, que pode facerse de forma presencial ou a través de ferramentas TIC, de maneira que o traballo final acade unha calidade aceptable. Contémplase tamén a posible necesidade de atención personalizada nas probas de avaliación. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderán realizar todas as actividades previstas baixo a supervisión do profesor e mediante titorías específicas. |
|