Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A20 A23 A26 A27 A28 A30 A32 B13 OBRIGATORIOS. Os alumnos elaborarán unha memoria de prácticas, que deberá reflectir os coñecementos adquiridos durante as mesmas. Aqueles alumnos que, por causas xustificadas, non poidan asistir ás prácticas programadas, deberán igualmente realizar un traballo práctico baixo a supervisión da profesora.
20
Traballos tutelados A19 B1 B3 B4 B5 B8 B10 OBRIGATORIOS. Os traballos serán avaliados en función da súa orixinalidade, o seu grao de relación coa materia, a calidade do material empregado e a calidade da exposición. Estes traballos só terán carácter optativo para aqueles alumnos que participen nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo. 15
Proba de resposta breve A7 A19 B2 OBRIGATORIO. No exame final, que constará de preguntas breves, as respostas deberán ser claras e concisas. As respostas que reproduzan únicamente o contido das dispositivas de clase poderán ser penalizadas. Para superar a materia os alumnos deberán obter unha CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 nesta proba.
60
Aprendizaxe servizo A7 A19 B2 B7 B8 B13 OPTATIVO. Os alumnos serán avaliados a través de entrevistas individuais e grupais. A calificación, que será a que poderían obter cun traballo tutelado, dependerá da calidade dos materiais elaborados, os contidos aprendidos e a participación activa e responsable nas actividades. 0
Seminario A19 B1 B3 B7 B9 B10 B11 Nos seminarios os alumnos serán avaliados en función da participación activa, a calidade das aportacións e/ou a través de pequenos exames que se poderán realizar durante os mesmos. Salvo causa xustificada, OS ALUMNOS AUSENTES TERÁN UNHA CALIFICACIÓN DE 0 PUNTOS. 5
 
Observacións avaliación

A teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10 no exame) para poder superar a materia.

A avaliación dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades e a capacidade de traballo en grupo.

Aqueles alumnos que non participen en todas as actividades (agás a APS) non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado (ou APS de ser o caso) manterase nas dúas oportunidades de avaliación.

Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”