Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Paleobioloxía | Código | 610G02043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As clases maxistrais abordarán os principos e problemas da Paleontoloxía, así como o estudo da historia da vida na Terra. Os estudantes elaborarán os seus propios apuntamentos das clases, así como as leituras obrigatorias de temas específicos. |
Prácticas de laboratorio | As prácticas de laboratorio destinaranse ao coñecemento dos trazos morfolóxicos esenciais dos principais grupos de fósiles, así como á identificación dos taxóns máis representativos da Península Ibérica e contidos en Paleontoloxía Molecular. Os estudantes tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. Non se permitirán cambios inxustificados na pertenza aos grupos de prácticas establecidos. A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a entrega aos profesores dos cuestionarios cubertos, son obrigatorias para pasar a materia. |
Obradoiro | Os obradoiros pretenden introducir aos estudantes nos conceptos básicos de tafonomía e sistemática mediante a observación directa dos fósiles. Tamén se impartirán contidos en Paleontoloxía Molecular. Os estudiantes tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. Non se permitirán cambios inxustificados na pertenza aos grupos de prácticas establecidos. A asistencia aos obradoiros, así como a entrega aos profesores dos cuestionarios cubertos, son obrigatorias para pasar a materia. |
Proba mixta | A cualificación baséase principalmente na idea da avaliación continua e, por tanto, a realización do exame final NON É NECESARIA para os estudantes que superasen a avaliación continua. Os estudantes que suspendesen partes específicas da materia terán que realizar o exame final só das partes non superadas (ver Paso 7 "Avaliación"). |