Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Paleobioloxía | Código | 610G02043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 | A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio, problemas de Paleontoloxía Molecular, e/ou a identificación de fósiles con especímens reais. Estes cuestionarios supoñen un 7% da nota final | 7 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 | Tal e como se indica no Paso 5, a cualificación toma como base un sistema de avaliación continuada e, por tanto, NON É NECESARIA a presentación ao exame final para aqueles estudantes que superaron a avaliación continuada. Para o resto de estudantes realizarase un exame final das partes específicas que teñan suspensas (i. e., clases maxistrais 65%, obradoiros + prácticas de laboratorio 35%) | 0 |
Prácticas de laboratorio | A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 | A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio, problemas de Paleontoloxía Molecular, e/ou a identificación de fósiles con especímens reais. Estes cuestionarios supoñen un 28% da nota final | 28 |
Sesión maxistral | A3 A29 B1 B2 | A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e a participación en clase. Os cuestionarios serán de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os temas tratados durante as clases. A cualificación dos cuestionarios supón un 65% da nota final | 65 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación continua consiste en: 1) Exames sobre o contido das clases de teoría, que constitúen o 65% da nota final
3) Ademais dos exames, os estudantes deberán demostrar o seu coñecemento da escala cronoestratigráfica cun valor do 0% na cualificación final. Esta proba considérase, por tanto, chave para a superación da materia. Para aprobar esta materia (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros = 100%) os estudantes deberán ter un mínimo de 5.0 sobre 10. No entanto, todas as actividades que compoñen a avaliación continua (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) pódense compensar a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes. Os exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo) só son necesarios para os estudantes que non superasen a avaliación continua. Os estudantes que aprobasen calqueira das partes da avaliación continua (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) poderán manter esta nota en cada un dos exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo), examinándose só das partes que suspendesen. Con todo, para cursos sucesivos, o proceso ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, referirase a un curso académico e, por tanto, volveríase a comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para o devandito curso. Só se outorgará a cualificación de "non presentado", para aqueles estudantes que non participasen en máis dun 20% das actividades avaliables programadas durante o curso. Todas as instrucións mencionadas arriba son tamén de aplicación aos estudantes a tempo parcial. Os estudantes de cursos anteriores que se presenten á convocatoria adiantada de Decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas na guía docente da materia de curso 2023/2024 (consultade a correspondente guía docente). Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC: https://www.udc.es/es/normativa/academica/ |