Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A26 A30 B2 B3 B4 B5 B6 B10 Aplicación de diversas técnicas estatísticas a casos prácticos. 40
Proba obxectiva A21 A26 A30 B2 B3 B4 B6 B10 Proba para avaliar os coñecementos acadados. 40
Proba de resposta breve A21 B2 B3 B6 Cuestionarios de preguntas tipo test e/ou preguntas curtas 20
 
Observacións avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN COMÚN PARA A PRIMEIRA E A SEGUNDA OPORTUNIDADE

A materia
divídese en dous bloques, 1-Modelos Lineais e 2-Análise
Multivariante. Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo
que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. Cada bloque
representa o 50% da nota final da que o 40% proven da proba obxectiva, o 20% da
proba de resposta breve e o 40% do traballo tutelado.

Os exames oficiais de cada unha das dúas oportunidades consistirán
na resolución dunha serie de cuestións tipo test ou de resposta breve sobre a
aplicación e interpretación dos métodos estudados na materia. Os traballos tutelados
consistirán na aplicación a algún caso práctico, proporcionado polos docentes,
dalgunhas das técnicas estatísticas estudadas. A cualificación obtida nos
traballos gardarase ó longo do presente curso académico. No suposto de non ter
presentado o(s) traballo(s) tutelado(s) na primeira oportunidade de xaneiro,
poderá(n) ser presentado(s) na segunda oportunidade (xullo). 

Para aprobar a asignatura é
necesario ter aprobada por separado cada un dos bloques dos que consta a
materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a
cualificación final será como máximo un 4.5. 

Para superar cada bloque é
preciso que a cualificación da proba final correspondente ao bloque non sexa inferior a 3 puntos (sobre
10) e que a cualificación conxunta de todas as actividades de avaliación do bloque non sexa inferior a 4.5 puntos (sobre 10).

En calquera das dúas oportunidades anuais
figurará un NON PRESENTADO unicamente naqueles casos nos que o alumnado non
entregue os traballos nin se presente ao exame oficial.

Tódalas observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa
académica
.

Tódalas observacións previas son aplicables ao estudantado que solicite a convocatoria adiantada de decembro.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.