Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Edafoloxía | Código | 610G02045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións presentadas polo/a profesor/a sobre os temas centrais da materia nas que se incentivará a participación dos estudantes. Trátase de clases expositivas presenciais en grupo grande, nas que se expoñerán os contidos formativos teóricos. Ao comezo da clase presentarase unha visión xeral do tema que se vai a desenvolver e ao final da mesma farase un breve resumo dos conceptos máis relevantes. O material audiovisual empregado será facilitado aos alumnos. |
Saídas de campo | Realizarase unha saída ao campo co fin de observar os principais tipos de solos de Galicia. Ao mesmo tempo, os alumnos familiarizaranse cos sistemas de clasificación. |
Solución de problemas | Na aula realizaranse sesións de resolución de problemas con datos reais de solos. Análise de fichas de diferentes tipos de solos. Revisión de distintas técnicas aplicables ao estudo dos solos. |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse análises de solos encamiñados a determinar a composición e as propiedades físicas, químicas e biolóxicas dos mesmos, así como o estado nutritivo. En cada grupo de prácticas formaránse equipos de dúas a tres persoas. |