Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para a defensa do TFG (6 créditos ECTS) será preciso que o alumno teña superados os restantes créditos da titulación (234 créditos ECTs).

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contornainmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental daFacultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicennesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización deborradores.

 

Perspectiva de xénero 

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)".

"Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade".

"Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas"