Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Resumo B3 C1 C6 C7 Para acadar recoñecemento académico, e sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas anteriormente, o/a alumno/a deberá remitir ao Decanato da Facultade un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado de acordo co modelo descrito no apartado de Metodoloxías desta guía docente.
O titor académico revisará o informe emitido, facendo as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o estudante revisará o documento e o entregará en administración da Facultade de Ciencias xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.

50
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A empresa ou institución nomeará un titor, que elaborará un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu
conxunto o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada
sobre as mesmas. 

Unicamente aqueles estudantes que completen ó período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tarefas para a súa avaliación poderán obter unha cualificación superior ó 4,5. Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas e sempre inferior ó 4,5. No caso de non poder rematar o período de traballo por causa de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a Decano/a da Facultade de Ciencias, que poderá suspender o efecto desta norma de avaliación. 

Tódolos aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.