É conveniente ter coñecementos de matemáticas de 2º de bacharelato. En particular, cálculo diferencial e integral.
Estudo diario dos contidos tratados na aula, complementándoos coa bibliografía recomendada. - Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración
Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que
se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
|