Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A6 A7 A8 B3 B4 C7 Tras finalizar o período de Prácticas de Laboratorio, os alumnos terán que entregar unha memoria/informe das actividades realizadas coa resolución de cuestións relacionadas coas mesmas. Para a avaliación das prácticas teranse en conta algunhas das prácticas realizadas así como certas cuestións seleccionadas do cuestionario asociado ás prácticas.
A cualificación desta memoria/informe supón o 20% da cualificación final da materia.
20
Proba mixta A3 B3 B4 B8 C8 Haberá dous exames parciais teóricos escritos e liberatorios ao longo do cuadrimestre. Cada un deles suporá o 30% da nota final da materia.
Tamén se realizará un exame teórico final para aqueles/as alumnos/as que non superen ditos parciais ou que non os teñan realizado. Neste caso, o exame final suporá o 60% da nota total da materia.
Os exames teóricos consistirán en preguntas tipo test (opción múltiple, verdadeiro/falso) e/ou resposta curta sobre os contidos das sesións de docencia expositiva e das sesións de grupos interactivos.
60
Proba obxectiva A3 B3 B4 B6 B8 C8 Realizaranse 2 probas escritas ao longo do cuadrimestre. Ditas probas consistirán nunha combinación de distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple, de tipo test, de resposta breve, tipo ensaio, de identificación de esquemas ou imaxes, de completar e/ou de asociación. 10
Seminario B4 B8 C7 Ao comenzo de cada unha das dúas sesións de seminario, o/a alumno/a deberá entregar un resumo/esquema/glosario/informe sobre un tema do temario designado con antelación polo profesor. Así mesmo farase unha posta en común dirixida polo profesor do que os alumnos extraeron do seu traballo previo sobre o devandito tema.
Tanto a entrega do resumen/esquema/glosario/informe, como a participación activa, computan para a cualificación final da materia; cada sesión supoñerá o 5% da mesma.
10
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNSXERAIS

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder realizar o exame final da materia.

A non asistencia a máis do 25% das prácticas de laboratorio SEN xustificar, considerarase Non Presentado.

Os/As alumnos/as dispoñerán de dúas oportunidades oficiais para superar a materia. Así mesmo,realizaranse 2 exames parciais teóricos liberatorios ao longo do cuadrimestre.

A cualificación de Non Presentado aplicarase no caso de que o/a alumno/a non se presentase ás probas correspondentes nas oportunidades oficiais de avaliación ou non realizase as prácticas de laboratorio.

ASPECTOS ECRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. ALUMNADO CON DEDICACIÓN COMPLETA

Na oportunidade de final do cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da cualificación final,os distintos apartados recollidos no sistema de avaliación, debéndose superar cada un destes para proceder ao cálculo da cualificación final.

Realizaranse dous exames parciais teóricos escritos e liberatorios (cada un computa o 30% da cualificación final ), así como un exame final para aqueles/as alumnos/as que non superasen devanditos parciais ou que non se presentaron aos mesmos, representando o 60% da cualificación final .

A realización e entrega, por escrito ou na plataforma Campus Virtual, da memoria/informe das Prácticas de Laboratorio suporá o 20% da calificación global.

Tanto a realización das probas obxectivas como as sesións de seminario supoñerán, cada unha delas, o 10% da cualificación final.

Na segunda oportunidade e na convocatoria extraordinaria de decembro, poderanse recuperar as partes non superadas teórica (no seu conxunto) e/ou práctica,supoñendo estas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente. 

2.ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICADE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade, teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación obtida no exame teórico e a correspondente á obtida no resumo/informe das Prácticas de Laboratorio, representando éstas o 80% e o 20% da cualificación global da materia, respectivamente.

NOTAS:

Para que se teñan en conta as cualificacións nas diferentes actividades suxeitas a avaliación, é preciso superar (alcanzar o 50% da cualificación) cada un dos apartados ou probas que integran devandito sistema de avaliación.

De non alcanzarse dita puntuación nalgunha delas, e aínda que a media dos distintos apartados/probas sexa igual ou superior a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa e a cualificación será 4,9.

As matrículas de honra concederanse preferentemente entre os/as alumnos/as que se presenten na primeira oportunidade de cada convocatoria.

Todos os aspectos relacionados con "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo a normativa académica vixente da UDC.