Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Laboratorio Básico Integrado | Código | 610G04004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A7 B7 B9 | O caderno de laboratorio é o elemento principal na avaliación da materia, tendo en conta o seu carácter eminentemente práctico. O caderno recolle tanto o traballo realizado polo/a alumno/a no laboratorio, coma a súa capacidade de transmitir as súas observacións, analizar os resultados e obter conclusións baseadas nos datos. O prazo de entrega do caderno de cada módulo, para a súa avaliación polo profesorado correspondente, será unha semana despois de rematar as prácticas do módulo. |
70 |
Proba obxectiva | A2 B3 B10 B12 C9 | A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test ou de preguntas cortas, de cada un dos módulos. A finalidade desta proba é comprobar a asimilación dos coñecementos adquiridos no laboratorio. A proba terá lugar na data marcada no calendario de exames oficiais da Facultade. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás sesións de prácticas programadas é obrigatoria. Máis dunha falta sen xustificar implicará a non superación da materia. Os alumnos que cheguen máis de 10 minutos tarde a unha sesión sen xustificación contarán como non presentados para esa práctica. As faltas deberán xustificarse sempre e, no caso de ser xustificadas recuperarse noutro grupo sempre que sexa posible. A cualificación global será a media das cualificacións de cada un dos 3 módulos. Para superar a materia é preciso acadar un mínimo de 5/10 en todos e cada un dos módulos. De non aprobar algún/s dos módulos, o/a alumno/a terá que recurrir á segunda oportunidade, na que se manterá a cualificación dos módulos aprobados. O alumnado que vaia á segunda oportunidade terá que corrixir o/s caderno/s de laboratorio correspondente/s, e entregalos para unha nova avaliación nun prazo de 30 días a partir da publicación das notas definitivas da primeira oportunidade. A cualificación desta revisión xunto coa cualificación do exame de xullo será a nota da 2ª oportunidade, manténdose as porcentaxes de 70% caderno e 30% exame igual que na primeira oportunidade. Se un alumno quere gardar a nota do caderno ou do exame da primeira oportunidade e só recuperar a outra parte na segunda oportunidade podería presentarse só a unha das partes e gardar a nota obtiva na primeira oportunidade da outra parte. A guía docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro será a do curso en vigor e seguirá o mesmo procedemento de mellora dos cadernos e repetición dos exames de cada parte que a segunda oportunidade. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC |