Metodoloxías
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
A metodoloxía de ensino proposta baséase no traballo do alumnado, que se converte así no protagonista principal do proceso ensino-aprendizaxe. Para que o alumnado obteña un rendemento óptimo do seu esforzo é capital que exista unha interacción contínua e estreita alumnado-profesorado, de maneira que o último poida guiar ao primeiro neste proceso. Esta interacción darase de maneira especial nos obradoiros e sesións de resolución de problemas. A través da interación alumnado-profesorado, así como das diferentes actividades de avaliación, determinarase ata que punto o alumnado acadou os obxectivos competenciais establecidos en cada unidade temática, e decidirá se o alumnado que precisa atención personalizada a través de titorías individualizadas. Polo tanto, periódicamente o profesorado poderá convocar ao alumnado a titorías, que se celebrarán nos horarios máis axeitados para cada estudante, coa intención de que reciban a necesaria orientación.

Con independencia das titorías propostas polo profesorado, o estudantado pode realizar titorías a petición propia (presenciais ou virtuais) dentro das 6 horas de titoría semanais que o profesorado pon a disposición do alumnado.