Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Cristalografía e Simetría | Código | 610G04006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado. Trátase de sesión interativas, nas que se pretende que o alumnado participe formulando preguntas e requerindo a clarificación de ideas ou conceptos. |
Prácticas de laboratorio | Preparación e estudo de compostos cristalinos. Interpretación dos resultados obtidos usando programas informáticos. Utilización de modelos morfolóxicos e estructurais dos cristais. Introducción á caracterización mediante difracción de Raios-X. O alumnado elaborará un caderno de laboratorio no que describirá o traballo realizado no laboratorio e a análise dos resultados, así como as principais conclusións. |
Obradoiro | Estas sesións estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións por parte do alumnado, coa orientación do profesorado. Estes problemas facilitaranse secuenciados no tempo de acordo cos contidos tratados nas sesións maxistrais. O traballo realizarase individualmente ou en grupos baixo a dirección do profesorado |
Proba obxectiva | Probas que podrán liberar contidos. Se avaliarán os contidos da materia consistentes en preguntas de desenvolvemento e tamén de tipo test, así como exercicios de problemas que serán semellantes aos analizados ao longo do curso. O seu obxectivo é obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias atinxidos polo alumnado, así como avaliar a capacidade do alumnado para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |