Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 A6 A7 A8 B6 B7 B8 C3 C7 Avaliaranse os seguintes aspectos do traballo no laboratorio:
- Organización do traballo e seguridade.
- Actitude, curiosidade científica e grao de implicación no traballo.
- Calidade na interpretación dos resultados.
- Calidade do informe final (caderno de laboratorio).

15
Obradoiro A3 A5 B6 C3 C7 Poderán cualificarse tanto as respostas do alumnado como a súa participación individual ou de grupo nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente, e a requirimento do profesor, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. 20
Proba obxectiva A3 A5 A7 B4 B7 B8 C8 Probas avaliables dos contidos da materia. Posibilidade de eliminar materia cara os exames de primeira e segunda convocatoria. 65
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia divídese
en:

-Primeira proba obxectiva:
25% (Parte 1=Temas 1, 2)

-Segunda proba obxectiva:
25% (Parte 2=Temas 3, 4, 5)

-Terceira proba obxectiva: 15% (Parte 3=Tema 6)

-Prácticas de
Laboratorio: 15%

-Obradoiros e seminarios:
20%

A avaliación non poderá ser positiva
se non se asistiu a todas as clases de laboratorio.

A segunda e terceira proba realizaranse o mesmo día, pero serán probas independentes.

Non se poderá eliminar materia sen ter máis dun 4,5 da proba obxectiva correspondente (Parte 1, Parte 2 e Parte 3). Non se fará media cunha nota inferior a 4,5 en cada unha das partes da materia (Parte 1, Parte 2 e Parte 3).

As matrículas de honra outorgaranse
prioritariamente ao alumnado que supere a materia na Primeira oportunidade. Só
se outorgará na “segunda oportunidade” se o número máximo delas non se cubre na
primeira.

O estudantado que non supere a
materia na Primeira Oportunidade será avaliado nos exames oficiais da Segunda
Oportunidade. Nesta convocatoria avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), cun
exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. Para
obter a cualificación de NON PRESENTADO, o estudantado non poderá ter
participado en más dun 25% das actividades avaliables programadas.

Na oportunidade extraordinaria de decembro aplicarase a guía docente do curso académico en vigor.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Durante as sesións de titoría
trataranse aspectos asociados tanto aos contidos da materia como á revisión conxunta
dos traballos entregados.