Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química: Equilibrio e Cambio | Código | 610G04008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O profesorado desenvolverá os contidos fundamentais de cada un dos temas mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Para o seu mellor aproveitamento, os/as estudantes dispoñerán con antelación dos materiais docentes axeitados para a súa preparación persoal na web da materia (Moodle). Potenciarase a participación dos/das estudantes. Impartirase en grupo grande. |
Seminario | Sesións impartidas en grupo reducido, dedicadas ao análise e resolución de problemas e cuestións, coa participación activa do alumnado e do profesorado. Os exercicios asignados ao alumnado serán publicados previamente polo docente na web da materia (Moodle) para que os resolvan e entreguen antes do seminario. |
Prácticas de laboratorio | Nas sesións de laboratorio (en grupo pequeno) o/a estudante desenvolverá exemplos experimentais dos contidos teóricos expostos na aula. Será fundamental a realización dos prelaboratorios antes de realizar a práctica correspondente (senón o/a estudante non poderá realizar a devandita práctica), así como levar ao día a libreta de laboratorio, de acordo coas indicacións do profesorado. Realizaranse unha ou varias probas curtas para avaliar o grado de racionalización dos contidos teóricos cos experimentales. Impartirase unha sesión inicial (grupo pequeno) para expor ao alumnado os contidos e dinámica das prácticas. |
Proba obxectiva | Periodicamente, nos seminarios e na aula virtual Moodle, realizaranse probas curtas nas que o estudante deberá resolver exercicios e/ou tests de forma razoada, o que permitirá avaliar o seu grao de comprensión dos aspectos máis importantes da materia e potenciar a avaliación continua ao longo do curso. Esta metodoloxía busca fomentar que o estudante manteña un esforzo constante no estudo da materia. |
Proba mixta | O/a estudante deberá realizar unha proba mixta do conxunto da materia que permita avaliar o grao de adquisición de coñecementos e competencias polo alumnado. Nela incluiranse cuestións e problemas sobre os contidos de toda a materia que deberán resolver dun xeito razoado. |