Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
|
Descrición |
Nos seminarios o profesorado supervisa para cada estudiante a metodoloxía aplicada no proceso de resolución dos problemas que se propoñen, resolvendo de forma individual as dúbidas formuladas polo/a estudiante e guiando o proceso de aprendizaxe.
Nas sesións de laboratorio tamén lévase a cabo unha atención personalizada da adquisición de destrezas e coñecementos por parte do alumnado.
Cando o profesorado o considere necesario, poderá convocar aos/ás estudantes a tutorías individualizadas para orientalos en relación ao seu desenvolvemento na materia, estableciendo o horario de acordo con eles. Con independencia das titorías propostas polo profesorado, o/a estudante pode realizar titorías a petición propia (presenciais ou virtuais) dentro das titorías semanais que o profesorado pon a disposición do alumnado.
Aquel alumnado que se acolla ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporá de atención específica, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a orientación e resolución de dúbidas dos contidos da materia.
O/a estudante nesta situación debe falar co Profesorado responsible na primeira semana do curso para sustituir o reximen presencial por outras actividades calificables.
|
|